Reviews and Comments

ghose 📚

ghose@lectura.social

Joined 2 weeks, 5 days ago

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao galego. Os libros que leo son a mellor referencia sobre min. Lin moito Mortadelo, Asterix, 13 rue del Percebe, Zipi y Zape,…

En caso de dúbida… elixo un clásico. Por definición superaron a proba do tempo. Hai centos que aínda non lin!!

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

This link opens in a pop-up window

Mil otoños (2011, Duomo, Duomo ediciones) 4 stars

Ah! moi entretido e documentado

4 stars

Canto aprendes con estas novelas de ficción histórica, onde colocan os personaxes nun entorno real do pasado.

É perigoso dar por válidas as posturas políticas que adoptan os personaxes, ou dar por acontecidos os xiros argumentais, pero si serve para comprender a época na que se desenvolve.

Non hai que levarse a engano tampouco, incluso a wikipedia é máis realista :D (con respeto). Vaia isto como aviso, que despois lemos as metáforas das Sagradas Escrituras (cales queiras) e montamos un cristo por tomalas ao pé da letra. Ou poñemos morros porque Fulanite traizoou a Menganite nunha teleserie e iso-non-pode-ser-porque-me-caía-ben-menganite.

A novela está escrita ao xeito de David Mitchell, ao xeito de xuntar relatos cadeados de xeito máis ou menos liviano (nesta novela máis ligados que noutras) e que narran desde o punto de vista de diferentes protagonistas facendo avanzar o relato.

O tempo e distancias a cabalo dos …

La Etiqueta del Asesino (Paperback, Castellano language, Enrique Martínez Llovet) No rating

Para atar cabos hay un elemento fundamental además de la propia habilidad: una cuerda. El …

Non é o que me apetece ler. Sen valorar.

No rating

Escrito nun estilo desenfadado e coloquial, como narrado na barra do bar por alguén que aprendeu máis palabras que lendo o Marca. Un pouco escabroso tamén. Non me pilla con ánimo para dedicarlle o tempo. Grazas por enviarmo como obsequio 👍, pode que no futuro (lin dúas historias)

Os dous de sempre (Paperback, Galego language, 2015, Editorial Galaxia, S.A.) 4 stars

Graza, tenrura e melancolía nun libro no que Castelao plasma a súa visión esencial do …

relectura dun clásico, neste ano de lembranza

4 stars

sempre é agradable volver a ler estes libros. Dalgún xeito conéctanme a unha realidade que, aínda non vivida en primeira persoa, forma parte da memoria colectiva real. Relata feitos acontecidos, narrados por quen os coñeceu en primeira persoa. Xa teño unha idade, así que expresións e lugares, costumes e tradicións, aínda perviven na memoria vivida. Non coñecín a fame, e meus pais evitárona de refilón (a memoria edulcora o pasado, sempre pensei) pero o traballo esclavo e a fame si estaban nas conversas cando neno.

O libro segue a peripecia vital de dúas persoas que traban amizade cando nenos, separados pola vida e o carácter, os seus camiños converxen novamente en circunstancias totalmente diferentes ás do comezo.

Ponme moi nervioso ler o relato de Pedriño, triggering, que lle din.

La búsqueda de Gobi (Spanish language, 2017, HarperCollins Espa̋nol) 3 stars

La búsqueda de Gobi es la milagrosa historia de Dion Leonard, un corredor de ultramaratones …

Un post de FB que lle quedou longo.

3 stars

«frechazo» cunha cadeliña. Non digo nada, os cans son moi cariñosos, non coma outros 😼

o libro en si é a narración da peripecia de como se coñeceron Dion e Gobi e a peripecia maior, que se cha contan non a cres, de como se reencontraron e navegaron o océano burocrático das autoridades sanitarias chinesas e británicas para rematar todos xuntos vivindo en Edimburgo.

Non fago «spoiler», o primeiro capítulo é toda a familia correndo feliz nun monte desde o que se ve toda a cidade.

O relato, que non novela, atopa similitudes entre as dificultades que atopan Dion (e calquera) nesas longas carreiras e os obstáculos da vida. De como atopas xente marabillosa (a maioría) e crápulas.

A nivel «literario» o nivel é moi baixo, non leas isto se non che emocionan as historias de reencontros con animais cariñosos (ten pinta de ser unha cadeliña moi feitiña e aguda) …

reviewed Kitchen by Banana Yoshimoto

Kitchen (Paperback, Español language, 1996, Tusquets) 4 stars

Cuando la jovencísima Mikage se queda sola a la muerte de su abuela, se refugia …

Outro libro moi *bonito*, que sorte!

4 stars

Escribe Yoshimoto dun xeito casual, como se a protagonista estivese ao teu carón compartindo un té (chá), contándoche o que ceou onte e o soa que se sinte ( e está).

O sentimento de perda e vacío recorren os tres relatos, onde uns personaxes solitarios se dan forzas, unhas forzas que nin eles saben de onde saen.

Demian: Historia de la juventud de Emil Sinclair (Spanish language) 5 stars

Demian: The Story of Emil Sinclair's Youth is a Bildungsroman by Hermann Hesse, first published …

*Tú sólo no puedes. Con amigos si*. Que dicía isto? Os teleñecos?

4 stars

Aínda que por veces me perdía nesa viaxe de descubrimento persoal, de coñecemento de si mesmo, creo que o libro ten unha resolución moi bonita e poética que paga a pena por si soa.

O relato apela a seguir a forza interior que nos move, a coñecela e a diferenciala sen prexuizos alonxándose da comodidade de pertencer á masa, de diluírnos (espiritualmente) nela. O protagonista, con moitas vicisitudes e a guía de sensibilidades afíns logra percorrer o camiño.

El cerebro en movimiento (Paperback, Español language, Consejo Superior de Investigaciones Científicas) 4 stars

El ejercicio físico produce beneficios indudables en todo el organismo, en nuestra salud y, por …

Móvete. Só iso.

4 stars

Dúas citas procedentes da Nota final, a xeito de recensión

no cabe la menor duda [desde o método científico] de que el sedentarismo es el enemigo de un cerebro sano y una cognición que extraiga lo mejor de sus capacidades naturales.

Para desenvolver unhas facultades mentales axeitadas para os diferentes ámbitos da vida hai que ter un mínimo de actividade física.

La buena noticia es que muy poco ejercicio (leve o moderado) ya produce extraordinarios beneficios a todoslos niveles fisiológicos.

Ademais a calquera idade, como explica durante todo o libro. Nunca é tarde.

É un traballo de divulgación e concienciación baseado na última ciencia dispoñible.

Inclúe ampla bibliografía.

Baila, baila, baila (Paperback, 2013, Maxi-Tusquets) 4 stars

Tira do fío, sigue a intuición.

4 stars

Aaah! que ben! Moi fan deste home. Ata hoxe, todo o que lin del paréceme marabilla.

Certo que levoume un mes ler as primeiras 100 páxinas, pero non é culpa del, a historia hai que mastigala e asentala. Comeza ao xeito en que escribe Murakami, que parece que non pasa nada, que todo é trivial. Non hai esas florituras, eses trucos efectistas que te fan seguir lendo. Aquí hai un fío (pun intended) que o conecta todo e acompañamos ao protagonista a darlle sentido ao sarillo do que forma parte.

Complícase a cousa porque, tamén recurrente nel, por veces temos os pés na realidade e outras na fantasía. Na vixia ou nos pesadelos?

A historia diría que é o de menos. Os protagonistas falan de como se sinten, da necesidade dalgún tipo de amor (cariño, afecto, confianza, apoio,… a forma de amor que elixas) e as dificultades particulares que …

Lobos nas illas (Paperback, galego language, Editorial Galaxia) 5 stars

Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos …

Para o meu gusto, e na miña opinión, é marabilla

5 stars

tamén triggering, debo dicir, pero en plan ben.

Son pequenos relatos, algúns como soños, outros crus e arrincados á realidade, todos ben fiados arredor dun suceso cotiá.

MANIAC (Español language, 2023, Anagrama) 5 stars

Un inquietante tríptico sobre los sueños del siglo XX y las pesadillas del siglo XXI, …

copio/pego desde o blog

4 stars

orixe da recensión: xmgz.eu

A partir de biografías, citas atribuídas e documentación histórica, o autor tece un relato cos personaxes que na primeira metade do século XX estableceron as bases teóricas das matemáticas e a física (de partículas) que propiciaron os avances tecnolóxicos da segunda metade do século.

O relato susténtase nos testemuños narrados en primeira persoa (excepto o protagonista principal), como se estivesemos vendo un documental onde os protagonistas contan a cámara a súa versión, sen ter un narrador que nos guíe. Falan dun xeito directo e cru, case como se sentisen alivio por poder falar finalmente, como sendo conscientes que todos os pecados prescribiron.

Uns falan dos outros e sobre si mesmos fiando unha historia de influencias positivas, que alimentan o talento de outras persoas co seu propio, e tamén negativas, con relacións tóxicas, de dominación, de abuso, traicións, etc. Así, a figura central da novela é John …